www.teinteresa.es |
imos circulando por unha estrada de dous carrís e entramos nun longo túnel
do que inda non vemos a saída. De súpeto, párase a circulación. Pillamos un
enorme desgusto porque todos temos moito que facer, pero ao ver que todos
estamos na mesma situación, consolámonos, decidimos apagar o motor e esperar a
ver que sucede. Estar desgustados non é abondo para que nos poñamos a
protestar.
ao cabo dun rato observamos que os coches do carril dereito comezan a
circular lentamente. Inda que o noso segue parado, iso non nos indigna; pola
contra, de primeiras toleramos a situación de desigualdade porque temos a
esperanza de que cedo comezaremos a movernos nós tamén. E con esa esperanza
poñemos o motor en marcha de novo. E esperamos.
pero agora vemos que os coches do carril dereito circulan cada vez a máis
velocidade e nós seguimos parados. Comezamos a irritarnos e pensamos en que
pasa para nós inda non nos podamos mover, como están a facer os do carril
dereito. A nosa tolerancia á desigualdade comeza a diminuír. E o noso malestar
estoupa por algún feito menor, como ese condutor que nos obsequia cun aceno
obsceno. Ou todos o ningún, pensamos. E finalmente vas e cruzas o teu coche no
medio dos dous carrís.
esta pequena historia explica o ‘efecto túnel’, formulado en 1973 polo economista
e politólogo Albert O. Hirschman (1915 – 2012); Pablo González Casanova
chamoulle ‘factor esperanza’, Ralf Dahrendorf a ‘política
da frustración’ e Adolfo Figueroa a ‘tolerancia limitada fronte ás
desigualdades’.
chamémoslle como lle chamemos, este concepto pode axudarnos a entender como
a crise social pode aparecer no momento no que a economía comeza a mellorar. A tolerancia
social cambia ao longo do transcurso dunha crise: é elevada cando as cousas
están mal para todos, pero mudará de xeito súpeto cando unha parte da poboación
percibe que o vaso da recuperación non reborda e eles non se benefician. A indignación
moral con esta falta de equidade pode provocar a aparición da crise social.
e atención, o discurso político sobre o final da crise pode ser percibido
como ofensivo e incluso provocador para os que, logo de tantos sacrificios, xa non
teñen nada na despensa. É posible, entón, que os que soportaron estoicamente
unha mala xestión da crise non aturen agora unha mala xestión da recuperación. De
ser así, é probable que á crise económica siga unha crise social.
deturpación dunha parte do artigo 'El riesgo, ahora, es la crisis social' publicado en El País o 2 de febreiro de 2014, que só comparto moi lenemente; non sei en que extremo
@xindiriz
1 comentario:
Para lalin leaks.
O muro da casa de Crespo foi un regalo de Canteiras do Arenal.
A saber a cambio de que.
Publicar un comentario