exposición de motivos
no actual mundo globalizado, os
organismos galegos, comprometidos co aproveitamento das potencialidades da
Galiza, deben valorizar o galego como unha lingua con utilidade internacional,
algo que indicara en seu devido tempo o autor a que é dedicado o Dia das Letras
2012, que chegou a exercer como vicepresidente da Comissão Galega do Acordo Ortográfico
da Língua Portuguesa.
o portugués, nacido na vella
Gallaecia, é idioma de traballo de vinte organizacións internacionais, incluída
a UE, así como lingua oficial de nove países e do territorio de Macau, na
China. Entre eles figuran potencias económicas como o Brasil e outras economías
emerxentes. É aínda a lingua mais falada no conxunto do Hemisferio Sul.
é preciso que as nosas empresas e organismos
públicos aproveiten a nosa vantaxe lingüística, un valor que evidencia a importancia
mundial da Lingua e o crecente papel de bloques como a Comunidade dos Países de
Lingua Portuguesa.
a nosa lingua outorga unha valiosa
vantaxe competitiva à cidadanía galega en todas as vertentes, nomeadamente a
económica, desde que dispoñamos dos elementos formativos e comunicativos para
nos desenvolver con naturalidade no seu modelo internacional.
por tanto, para a mellora do
desenvolvemento social, económico e cultural galego, as autoridades deben
promover cantas medidas foren necesarias para mellor valorizar esta vantaxe,
especialmente en momentos de crise.
título único
artigo 1. O Goberno galego incorporará progresivamente, no prazo
de catro anos, a aprendizaxe da lingua portuguesa en todos os niveis de ensino
regrado. O dominio do portugués terá especial recoñecemento para o aceso à
función pública e concursos de méritos.
artigo 2. O relacionamento a todos os niveis con os países de
lingua oficial portuguesa constituirá un obxetivo estratéxico do Goberno galego.
De maneira especial fomentar-se-a participación das institucións en foros
lusófonos de todo o tipo —económico, cultural, ambiental, deportivo, etc.—, ben
como a organización na Comunidade Autónoma Galega de eventos con presenza de
entidades e persoas de territorios que teñan o portugués como lingua oficial.
artigo 3. Para un mellor cumprimento dos fins dos artigos
anteriores, e conforme a Carta Europea das Linguas e a Directiva 89/552/CEE, o
Goberno galego tomará cantas medidas foren necesarias para lograr a recepción
aberta en territorio galego das televisións e radios portuguesas mediante
Televisión Dixital Terrestre.
disposición final
a presente Lei debe entrar en vigor
no día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
texto íntegro da
ILP
No hay comentarios:
Publicar un comentario