integrantes da comisión promotora da ILP xusto antes de entregar as sinaturas no Parlamento |
hai máis dun ano algúns/as
tiñamos escasos datos e conciencia sobre a xestión do lixo en Galiza, como
moito unha opinión difusa sobre o que habería que facer. Tendemos a confiar en
que as cousas se van facendo, confiamos en quen nos goberna, por que o ía facer
mal? Nos medios de comunicación manéxanse a cotío os termos e as palabras que
agora tamén manexamos nós. Onde estaba a necesidade dunha nova lei?
entón o conselleiro Agustín
Hernández anunciou a decisión de construír unha planta de tratamento de
residuos baseada na incineración en O Irixo. Grazas a el soubemos a verdade. E
non nos gustou. Por iso constituímos asociacións, organizamos foros onde se
aportou información relevante e veraz, fomos interlocutores das autoridades até
que estas o consideraron oportuno para os seus intereses, convocamos á
veciñanza da comarca e o país a expresar o noso rexeitamento na rúa, sempre
respectuosamente. E chegou xuño coa perspectiva das eleccións autonómicas.
as plataformas tentabamos
aproveitar o noso espazo mediático e a Xunta trataba de “matar” a cuestión por
todos os medios. A decisión sobre o Irixo seica estaba tomada pero esperábase o
momento “oportuno” para anunciala. Esa decisión só se refería á localización da
nova planta, non ao cambio de modelo.
sen embargo, moito/as tivemos
sempre claro o seguinte argumento: é de recibo rexeitar a “merda” a carón da
casa pero mirar para outro lado se lla levan ao veciño ou a outro pobo? Se non
é bo para nós, non o será para ninguén. Por iso tiña pleno sentido formular
unha opción ambiciosa e construtiva e non deixar “matar” a verdadeira cuestión:
a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) contra a incineración e a favor dos tres
“Rs” (Redución, Reutilización e Reciclaxe).
porque as cifras, as poucas que
se saben, din onde estamos. Un 75% do lixo que xeramos é material orgánico ou
papel ou vidro ou envases lixeiros; polo tanto, é totalmente posíbel
reaproveitalo para a sociedade e a economía aplicando tecnoloxías non demasiado
complicadas e suficientemente testadas no noso contorno xeográfico, na UE e,
nomeadamente, en Alemaña, ese país. Pero SOGAMA non é capaz de aproveitar máis
dun ridículo 2%. O resto, ou se queima ou se mantén nun vertedoiro.
é dicir, aínda por riba de
estarmos “alimentando” cos nosos impostos unha pésima solución, esta non é a
solución. Pola contra, a ILP propón cousas moi sensatas:
1. para obter resultados hai que
gastar ben os cartos. Os investimentos públicos deben respectar a xerarquía de sistemas de tratamento de residuos que establecen tanto a normativa europea e a estatal como incluso a
galega (aprobada polo goberno bipartito). Sen embargo, se construímos outra
incineradora (sexa cal sexa a comarca ou lugar) e gastamos dous centos millóns
de euros longos nesta opción, canto vai quedar para os outros sistemas de
tratamento? Seguiremos reciclando o que reciclamos e reducindo o lixo xerado só
mentres sigamos coa crise. Este goberno ten intención de gastar cantidades
inxentes en ampliar o megavertedoiro de Areosa e a capacidade de incineración.
Esa é a verdade dos cartos gastados e dos xa comprometidos.
2. SOGAMA veu a resolver o
problema dos vertedoiros incontrolados, onde o resolveu, e pouco máis. Os
resultados mudarán cun mapa racional de plantas de tratamento centradas na
recuperación de materiais reciclábeis e a compostaxe da porción orgánica, que
estean situadas próximas á poboación. Sigamos o “modelo Lousame”, exemplo
incluso a nivel estatal. Tamén contribuiremos decisivamente á educación cidadá.
Quen agora nos goberna non confiou na xente. Hai que educar e investir en
cidadanía, e a cidadanía mellorará as cousas.
3. é indiscutible que unha
incineradora é altamente contaminante. O conselleiro Hernández simplemente tivo
un mal día cando garantiu que a planta de O Irixo causaría un impacto “cero”.
Polo tanto, quen siga a lucrarse cunha incineradora, porque isto é tamén, como
non, un negocio, debería abonar un canon. E cos cartos obtidos reforzaríanse as
outras opcións, moito menos lesivas.
4. o/as docentes sabemos que non
podemos nin debemos tratar a todo o alumnado por igual. Somos distintos/as e
hai que darlle a cada quen o que precisa. É dicir, non se pode propor o mesmo
esquema para todas as zonas de Galiza porque son realidades diferentes. Non é o
mesmo xestionar o lixo xerado en Vigo e na súa comarca que facelo na de Lalín.
Pero a realidade é que iso é o que está a pasar.
e con estas ideas e un texto
que as articula organizámonos e lanzámonos a comunicarlle á xente a nosa
proposta. Na campaña de divulgación e recollida de sinaturas, negalo sería necidade, houbo días bos e días nefastos, pero fomos
quen de entregar en tempo e forma máis de 21.000 sinaturas. O noso traballo e a
vontade de todas e cada unha dos galego/as que asinaron ben mereceron que o
Parlamento de Galiza, e por ende o grupo maioritario nel, nos explicara con
detalle e sen demagoxias se a nosa proposta era boa ou mala, e o porqué de tal decisión.
que aconteceu finalmente na sesión onde se debatiu a toma en consideración da ILP? O PP votou
negativamente e a oposición (BNG, AGE e PSdeG-PSOE) votou a favor. Non acadamos
o obxectivo máximo pero hai outros que temos sobradamente cumpridos. E estes,
na nosa opinión, son igual de valiosos. A ILP non morreu necesariamente coa
votación do día 14 de maio.
moito/as poden considerar que o
esforzo non valeu de nada. Dirán iso de “xa volo diciamos”. Mais os temas nunca
se resolven o primeiro día. É necesario insistir e perseverar. Moita xente,
incluso algunha que non asinou ou non considerou acertado contribuír á campaña
de recollida de sinaturas, está absolutamente convencida de que os nosos
argumentos son válidos. Sábeno. Esa é unha semente que frutificará.
por outra banda, o Partido
Popular, aínda en Galiza, non ocupará eternamente a Xunta, e as forzas que o
substituirán votaron a favor da ILP e do que esta propón. Non imos a debullar
matices, que os hai e importantes, moi importantes. O esencial é que as forzas
políticas que deben ser alternativa anunciaron o seu voto a favor da ILP. Esa é
outra semente.
neste sentido, anuncios como o xa
feito polo goberno municipal de Pontevedra de estudar a viabilidade dunha
planta comarcal para o tratamento de residuos é unha aposta valente á que se
deberían unir outras. Galiza non é só a Xunta. Hai outras instancias de poder
político que se poden mobilizar para establecer debates e posibilitar
alternativas que resolvan situacións urxentes, neste e noutros ámbitos. É
cuestión de tempo. Esa é outra semente.
as ideas da ILP frutificarán.
Hai xente que se ergue todos os días coa idea que só pensemos na crise e as
súas consecuencias. Pero a crise só se resolverá con iniciativas de
intervención na economía e na sociedade. Iniciativas creativas, produtivas,
dinamizadoras, con rendemento a medio e longo prazo. Nós apostamos pola
educación, pola creación de máis e mellor emprego, por actividades non lesivas
que solucionan problemas, pola saúde pública. Esas tamén son sementes de
futuro.
pero non debemos agardar sentado/as.
Debemos seguir facendo labor de concienciación e información da situación e das
alternativas. A ILP a favor dos tres “Rs” non foi un fin en si mesmo. A ILP foi
un medio para gañar o futuro. Vémonos alí.
texto publicado no CERNA 69
No hay comentarios:
Publicar un comentario