25.4.20

no inicio foi o porno

imaxe 'deepfake' de 'el correo' que ilustra un artigo sobre o tema
a finais de 2017 comezaron a circular por internet vídeos pornográficos protagonizados por algunha das actrices e cantantes máis famosas do momento. os vídeos fixéronse virais e foron vistos por millóns de persoas. ao pouco sóubose que elas nom eran as verdadeiras protagonistas dos vídeos, mais as vítimas dunha nova ferramenta tecnolóxica que, utilizando intelixencia artificial e outras ferramentas avanzadas, permite incluír a imaxe facial de calquera persoa nun vídeo.

foi só o inicio. ao pouco, Merkel, Trump ou Macri tamén foron vítimas do que se coñece como 'deepfake'. Obama foi utilizado, sen el autorizalo, para exemplificar os posíbeis usos nefastos desta tecnoloxía. vémolo nun discurso no que di o que o falsificador quería que dixera mais nunca dixera. pero o resultado é un vídeo moi 'real'.

a manipulación de imaxes ten unha longa tradición, pero isto é moito máis perigoso. a imaxe corporal e a expresión da cara son extraordinariamente realistas, e a imitación da voz e dos xestos da persoa, tan exactas que resulta imposíbel descubrir que é unha falsificación, a menos que se dispoña de sofisticados programas de verificación dixital. e o perigo de 'deepfake' é que esta tecnoloxía está ao alcance de calquera.

un antigo amante, aluado, pode producir e espallar de xeito anónimo polas redes sociais un vídeo que arremede a voz, os xestos e a cara da muller que o abandonou. un vídeo no que faga ou diga as barbaridades máis comprometedoras. as imaxes de policías dándolle unha boa tunda a unha vella que participa nunha protesta contra o goberno poden provocar violentos enfrontamentos entre as mareas que protestan e a policía. algúns estudantes poden gravar un vídeo comprometedor sobre un profesor ao cal nom poden ver.

os usos posíbeis de 'deepfake' na política, na economía ou as relacións internacionais son tan variados como sinistros. a divulgación dun vídeo que mostra a un candidato á presidencia dun país dicindo ou facendo cousas reprobábeis pouco antes dos comicios volverase a artimaña electoral máis frecuente.

o potencial dos vídeos falsificados para enrarecer as relacións entre países e exacerbar os conflitos internacionais tamén é enorme. xa ten pasado.

o emir de Qatar apareceu nun vídeo eloxiando e apoiando a Hamás, Hezbollah, os Irmáns Musulmáns, e Irán. isto provocou unha reacción furibunda de Arabia Saudí, os Emiratos Árabes, Bahrain e Exipto, que xa viñan tendo diferenzas importantes con Catar. denunciaron o discurso do emir como un apoio ao terrorismo e romperon relacións diplomáticas, clausuraron fronteiras e impuxéronlle un bloqueo por aire, mar e terra. a verdade é que o emir nunca dixera tal. o vídeo era falso. o que foi moi real foi o boicot que tivo que soportar esa nación.

a ameaza que 'deepfake' representa para a harmonía social, a democracia e a seguridade internacional é obvia. os antídotos contra esta ameaza o son moito máis reducidos, inda que hai algunhas propostas. todas as organizacións que producen ou distribúen fotografías ou vídeos deben obrigarse a usar bloqueos tecnolóxicos que fagan que o seu material visual sexa inalterábel. as persoas tamén deben ter acceso a tecnoloxías que as protexan de ser vítimas de 'deepfake'. as leis deben adaptarse. hai que facer máis difícil o uso do anonimato na rede. todo isto é necesario pero nom abondo. haberá que facer moito máis.

temos entrado nunha era na que a diferenza entre verdade e mentira, entre feitos e falsidades, foise erosionando. e con iso, a confianza nas institucións e a democracia. 'deepfake' nom é máis que outra arma no arsenal que teñen á súa disposición os mercadores da mentira.

hai que plantarlles cara.

tradución e deturpación por @xindiriz
xindiriz@gmail.com
texto orixinal por @moisesnaim

it started with porn

at the end of last year a series of pornographic videos began showing up on the internet. this is nothing new, but these were different because they starred some of the world's top actresses and singers. naturally, they went viral: millions of people around the world saw them. very quickly it became clear that Scarlett Johansson, Taylor Swift, Katy Perry, and other artists were not the real protagonists of the sex videos, but rather the victims of a new technology that - using artificial intelligence and other advanced digital tools - allows their creators to insert anyone's face into a very credible video.

and this was just the beginning. it wasn't long before Angela Merkel, Donald Trump, and Mauricio Macri were also victims of what is known as 'deepfake'. Barack Obama was used, without his consent, to exemplify the possible nefarious use of the new technology. we can watch Obama saying what the forger wants him to but has never said before. but is it, nevertheless, a very realistic video.

image manipulation is nothing new. authoritarian governments have a long history of 'disappearing' disgraced leader from official photographs. and since 1990 Photoshop has allowed users to alter digital photographs, a practice that has become so common it is considered a verb by Merriam-Webster.

but deepfake is different. and much more dangerous. in just the year since the fake celebrity porn videos appeared, the technology has improved dramatically. everything about these videos is hyper realistic, and the person's voice and gestures are so exactly rendered that it becomes impossible to know it is a forgery without using sophisticated verification programs. and perhaps the biggest danger of deepfake is that the technology is available to anyone.

a distraught ex could create (and anonymously distribute) a video that perfectly imitates the voice, gestures, and face of the woman who left him and in which she appears to be doing and saying the most shameful and degrading things. a video fo the police brutally beating an elderly woman who is participating in a street march could provoke violent clashes between protesters and the police. the respected leader of a racial or religious group could incite this followers to attack members of another race or religion. some students could produce a compromising video of a teacher they despise. or digital extortionists could threaten a company with disclosing a damaging video, if the company does not pay a hefty ransom.

 the possible uses of deepfake in politics, economics, or international relations are as varied as they are sinister. the release of a video showing a presidential candidate saying or doing reprehensible things shortly before the elections will certainly become a more commonly used election trick. even if the candidate's opponent doesn't approve the hoax, his most radical followers can produce and distribute the video without asking for anyone's permission.

the counterfeit videos' potential to cloud relations between countries and exacerbate international conflicts is also enormous.

and this is not hypothetical. it has already happened. last year, the Emir of Qatar, Tamin bin Hamad al-Thani, appeared in a video praising and supporting Hamas, Hezbollah, the Muslim Brotherhood, and Iran. this provoked a furious reaction from Saudi Arabia, the United Arab Emirates, Bahrain, and Egypt, countries that already had strained ties with Qatar. they denounced the emir’s speech as supporting terrorism, broke diplomatic relations, closed the borders, and imposed a blockade by air, sea, and land. the reality, however, is that the Emir of Qatar never gave that speech; while the video that escalated the conflict was not produced with deepfake technologies it was sufficient to provoke a dangerous escalation of the conflict that was already simmering. the video was still a fake but the boycott that resulted is very real, and remains in force.

the threat that deepfake represents to social harmony, democracy, and international security is obvious. the antidotes to this threat are much less clear, although there are some proposals. all organizations that produce or distribute photographs or videos should be forced to use technology blocks that make their visual and audio material unalterable. people must also have access to technologies that protect them from being victims of deepfake. laws must be adapted so that those who defame or cause harm to others through the use of these technologies can be brought to justice. the ease with which it is now possible to operate anonymously on the web should not be tolerated. all this is necessary, but insufficient. We will need to do much more.

we have entered an era in which the ability to differentiate the truth from lies, facts from fiction, is being eroded. And with it, trust in institutions and in democracy. deepfake is another new and powerful weapon in the arsenal that the merchants of lies have at their disposal.

we have to fight them.

11.4.20

volver ás aulas, pero nom de calquera maneira ...

elpais

a pregunta é insistente cando nos comunicamos con eles: profe, cando volvemos a clase?

imaxino un aula da eso chea ou corredores ateigados de alumnos e, como xefe de estudos dun centro educativo, case sinto pánico e comprendo o lonxe q inda estamos desa situación.

para todos está sendo duro o confinamento e precisamos volver pronto á 'normalidade'. pero algúns temos a fortuna de vivir en pisos cómodos con dispositivos electrónicos q nos conectan co resto do mundo. eu, como profe, ademais estou certo de q o meu posto de traballo nom corre ningún perigo.

pero hai outros mundos. unha parte do meu alumnado nom ten na casa ordenador nim espazo onde estudar, comparte pisos pequenos con familias numerosas e nom sabe se súa nai ou seu pai van seguir traballando a semana q vén.

sempre entendín o centro educativo como un servizo público e máis inda en tempos difíciles. nom somos un lugar onde só se imparte clase, podemos ademais ser un comedor, unha biblioteca ou unha secretaría ... tamén vexo a nosa orientadora, Ana, exercendo moitas veces como psicóloga de garda ou a calquera titora facendo as veces de traballadora social vocacional.

nom hai sistema educativo máis desigual q o modelo a distancia q nos temos visto obrigados a construír en só uns días. unha parte do alumnado, o máis vulnerábel, simplemente está desaparecido, e o profesorado, desde as nosas casas, nom temos todas as ferramentas q quixeramos para axudarlles.

por todo iso, a apertura dos centros educativos nom debe esperar a q poidamos dar clase a todo o alumnado, pois esa situación quizás nom se dea ata setembro ou incluso máis tarde. agora q as cifras comezan a deixarnos respirar e se comeza a falar de como vai ser a volta, permitinme imaxinar como debería ser a desescalada educativa.

por suposto, o primeiro é a saúde e sempre se deberán respectar de xeito escrupuloso as medidas de seguridade e os prazos recomendados polos especialistas sanitarios.

por se a alguén lle interesa, propoño catro fases:

UN. finalizado o estado de alarma, o centro educativo volve abrir as súas portas só con membros do equipo directivo e do persoal nom docente, en servizos mínimos. prepárase o centro para as fases seguintes cunha desinfección a fondo e recibindo da admon subministracións de máscaras, xeles, luvas, termómetros infravermellos, ...

DOUS. o profesorado comeza a acudir ao centro, pero só un día á semana, mentres q os catro días restantes segue co traballo a distancia. o obxectivo aquí é a atención prioritaria do alumnado máis vulnerábel mediante titorías presenciais. o centro pode por a disposición do alumnado sen un lugar de traballo en casa, a biblioteca ou outros espazos onde poidan permanecer, sempre gardando as medidas de seguridade e distanciamento correspondentes.

TRES. do modelo de educación a distancia pasariamos a outro de educación semipresencial: reiniciaríanse as aulas pero con grupos moi reducidos; por exemplo, un grupo de 30 alumnos se subdividiría en cinco grupos de seis. cada alumno iría ao IES só un día á semana para o seguimento do traballo feito na casa.

no caso do meu IES, onde temos uns 600 alumnos en horario de diúrno, se asisten de xeito rotatorio un día á semana, habería un máximo de 120 alumnos distribuídos nunhas 20 aulas. o profesorado podería traballar dous días á semana de xeito presencial no IES e os tres días restantes tele-traballaría na súa casa.

CATRO. recupéranse as aulas presenciais tal e como as coñeciamos antes do coronavirus, é dicir, con aulas e corredores cheos de alumnos. o paso da fase 'tres' á fase 'catro' deberíase efectuar dun xeito escalonado, cando nom exista xa risco sanitario ningún.

mentres chega o momento de aplicar as diferentes fases, encerrados nas nosas casas temos tempo para reflexionar. esta crise ten posto de manifesto q hai que coidar máis q nunca todo o público, comezando pola Sanidade e seguindo pola Educación, porq se ao profesorado se lle exixe q traballe a competencia dixital, debería dispor de aulas mellor dotadas, porq se ten posto de manifesto q as ratios de 30 alumnos por aula nom son sostíbeis, xa nom só por motivos educativos, senón tamén epidemiolóxicos e porq tal vez deberiamos falar máis de educación e nom só de avaliación, titulación e promoción.

ao final volveremos ás aulas, iso seguro, pero en centros educativos onde nada vai volver ser o mesmo. porq todo está cambiando e confío q ese cambio sexa para mellorar.

texto orixinal por @mjanguita, publicado en 'eldiario', 10abr2020
tradución e deturpación por @xindiriz
xindiriz@gmail.com

1.4.20

Urbano Feixóo, un 'negreiro' galego

xenealoxia.org

un

durante o XIX a burguesía pasa progresivamente a controlar as decisións políticas, reemprazando a nobreza e o clero.

personaxes como o Marqués de Comillas, Antonio López e López, fan fortuna nestes tempos pero a costa de manipular e aproveitarse das clases máis desfavorecidas da sociedade.

emigrou a Cuba e casou alí con Luísa Bru, filla dun terratenente cafeteiro. a partir de aquí dedicouse a traficar con escravos negros na illa de Cuba e describíaselle como alguén analfabeto, cruel e sen empatía, para quen os negocios consistían en explotar ao próximo por todos os métodos posíbeis con tal de obter beneficios.

deste xeito, de morto de fame, chegou a ser un rico, tamén coa trata de escravos, inda que unha lei de 1820 o prohibía.

regresou a Barcelona en 1856, aloxándose na casa da familia de Vidal-Quadras, antepasados de Alejo Vidal-Quadras, obtendo dous importantes monopolios, o transporte do correo postal e o das tropas. ademais creou a Compañía General de Tabacos de Filipinas, fundou o Banco Hispano Colonial e casou a súa filla co conde de Güell.

nom obstante, o negocio dos escravos fórase complicando logo de que ESP fora obrigada por ING a subscribir en 1817 a prohibición da trata de escravos acordada no Congreso de Viena en 1815. a pesar diso, os empresarios negreiros seguiron capturando africanos no golfo de Guinea para levalos clandestinamente a América.

tamén en GZ varias familias importantes que participaban nesta práctica seguiron a facelo sen importarlles a lei. algúns arquivos, que trataron de destruír ou mutilar, así o demostran: Barrié, Bartolomé de las Casas, Francisco de Adalid e en OU, Urbano Feixóo de Soutomaior.

dous

Urbano Feixóo de Soutomaior nacera en Viana do Bolo en 1798, pero foi en Cuba onde fixo cartos. grazas ás súas boas relacións, chegou a administrar naquelas terras cinco enxeños azucareiros, tres cafeteiros e varias facendas. tamén foi accionista do ferrocarril de Sagua.

a súa gama de intereses era ampla e, por exemplo, era tamén propietario do Depósito de Publicaciones nacionales y extranjeras de A Habana e constan documentos como o contrato que asinou en 1852 co escritor José Zorrilla para publicación na illa de obras deste autor.

en 1854 foi elixido deputado en Cortes pola circunscrición de OU, polo Partido Liberal. foi nese ano cando puxo en marcha un dos seus proxectos, movido, segundo dicía, polo seu 'pensamento filantrónpico'.

a mediados do XIX os terratenentes de Cuba tiñan serios problemas para tirar beneficios da produción de azucre, con baixadas continuas dos prezos e a man de obra cada día máis cara.

neste contexto, Feixóo botou contas e concluíu, ao igual que o doutor Tomás Romay, que 'un galego vai facer o mesmo traballo que dous negros pero ao prezo dun só'. noutras anotacións, subliña que o galego 'custará nom moito máis de oito pesos ao mes e proporcionaranos un beneficio cando menos dobre do que ofrece o escravo e incomparabelmente maior ao que pode esperarse do negro xornaleiro, ao prezos actuais'.

la pluma del Tocororo
resumiu o seu proxecto nun libro que dirixiu ao Goberno, Illa de Cuba. Inmigración de traballadores españois. nel indica que cada ano emigran a POR e as provincias do sur de ESP máis de 200.000 galegos, que serían 'materia ideal para surtir de brazos baratos esta illa e ao noso Goberno de xente leal'.

o proxecto tiña dous obxectivos: 'socorrer aos desgrazados galegos' e 'contribuír á agricultura e aumento da poboación branca'; obxectivos que fundamenta no 'amor por ambos países e coa fin de ofrecer aos inmigrantes os coidados e atencións que require a súa saúde, asegurando o regreso ao fogar'. Feixóo preséntase ante as autoridades españolas como 'un pai que coidará con esmero dos máis pequenos detalles para asegurar a felicidade dos seus fillos'.

quere encher Cuba de galegos para 'fecundar este país' e propón 'unha viaxe cómoda pagada, un tempo de aclimatación coa necesaria asistencia, un traballo asegurado co seu horario e descansos correspondentes'.

tres

Urbano funda a Compañía Patriótico Mercantil, obtén o monopolio da introdución de galegos na colonia por un período de 15 anos e comeza a recrutar en GZ braceiros para os enxeños azucreiros e cafeteiros de Cuba.

cada galego recrutado recibirá ao embarcar 'dúas camisas, un pantalón e unha blusa adecuada para o clima, un sombreiro de palla e un par de zapatos', antes de ser subcontratados polos terratenentes.

estes comprométense a pagarlles cinco pesos ao mes (a cuarta parte que a un xornaleiro negro), alimentalos adecuadamente, proporcionarlles dúas mudas completas ao ano, calzado bo, sombreiro, tres pares de alpargatas e descanso os domingos, 'tres horas durante o rigor do día' e todas as noites desde as oito ata as catro da madrugada.

divididos en grupos de 25 homes, co seu cabo e capataz á fronte, aceptan traballar cinco anos e asumir sen protestas a disciplina e castigos que correspondan, incluíndo o maltrato físico. cumprido o lustro de traballo, a compañía promete relevalos e devolvelos á casa, cos seus aforros nos petos.

contrata coa empresa Abellá, Braña e Cía., de Ferrol, varias viaxes desde Ferrol, A Coruña e Vigo, entre marzo e agosto de 1854. transporta en total 1744 traballadores en oito expedicións, aloxándoos en barracóns de aclimatación, segundo anota Xosé Neira Vilas en Memoria da emigración, III.

o 6 de marzo de 1854 zarpan cara Cuba desde Vigo os primeiros 314 galegos no Villa de Neda. o 22 de abril 213 no Villa de Gijón. o 23 de maio 182 e 176 no Luisa e no Juanita respectivamente. o 2 de xuño 156 no Nuevo Félix. o 23 de xuño 217 no Nemecia. o 10 de agosto 190 no Guía de Vigo. e o 26 dese mesmo mes os últimos 296 no Abella.

catro

la pluma del Tocororo
a chegada a A Habana do primeiro grupo tivo un recibimento espectacular por parte das autoridades se lle facemos caso ao que conta La Revista de La Habana: 'eran mozos, con moi poucas excepcións, de fermosa presenza e notábel compostura, uniformados coa maior propiedade para os traballos de campo e organizados en pelotóns de 25 homes co seu correspondente capataz cada un formaban un cadro sumamente agradábel'.

foron acomodados en 'barracóns de aclimatación', onde pasarían un curto período de tempo antes de ser destinados a diversos enxeños ou obras públicas. dun total de 1744, en outubro de 1854 xa faleceran 167 e outros 18 escaparan.

o resto foron destinados a traballar na construción da vía de Cienfuegos, Trinidad e Puerto Príncipe (297, 243 e 25 traballadores respectivamente), o cafeal Empresa (139), os enxeños Arratía e Achuri (dúas fábrica de azucre) e Galicia-Retiro-La Macagua (291, 105 e 409 respectivamente) e contratados polos señores Conde Jaruco e Fernando Manck (25 cada un).

os destinados a traballar no camiño de ferro de Trinidad nim sequera cobran o seu xornal, apenas son alimentados e dormen enriba de táboas.

os destinados a traballar no de Casilda insubordináronse polo retraso nos salarios, os malos tratos e o incumprimento dos acordos pactados: os tres meses de aclimatación pagados foron en realidade tres meses de traballo, levaban dous meses sen cobrar, só recibiran unha muda e tamén durmían enriba de táboas.

en maio de 1855 o número de mortos xa é de 331, un de cada cinco, mentres outros 200 estaban en prisión por terse rebelado.

algúns logran escapar transitoriamente pero son obrigados a vagar polos camiños e mendigar comida, sendo finalmente atrapados e encerrados nos depósitos de cimarróns.

toda fuxida ou rebelión é castigada co cepo. dous homes, Matías Pérez e Andrés Mosquera, da brigada da Calzada de Jesús don Monte, foron enviados ao cepo, un lugar onde eran azoutados, suxeitos de pés e mans e coa cabeza atrapada entre madeiras.

en Marianao, houbo unha sublevación de traballadores polo uso do cepo, que foi castigada con quince días sen salario.

ao mesmo tempo aumentaban as desercións. os que o facían eran chamados os 'galegos cimarróns'. o Capitán Xeral emitiu unha circular en 1854 pola que mobilizada o Exército para 'capturar os colonos peninsulares fugados e restituílos aos cuarteis de traballo ou aclimatación'.

as súas cartas, que moitos teñen que ditar sendo analfabetos, chegan ás súas familias en GZ, informándolles de todo. algunhass poden contratar avogados que levan a situación ás Cortes.

cinco

unha das cartas de denuncia que chegou ata o Goberno foi a do emigrante Ramón Fernández, que sinalaba que, nalgúns dos casos de traballadores galegos castigados, 'toda a súa culpa foi pedir pan e, querendo castigar este impulso, mandáronos encerrar en estancias fétidas, cargalos de ferro, telos espidos, alimentalos con carne medio descomposta que ata os negros rexeitaban e obrigalos a traballar quince horas diarias'.

un informe do coronel Riquelme, gobernador de Trinidad, tamén evidencia as condicións laborais dos galegos: 'nom lles dan de almorzar, as casetas son moi malas e tamén os camastros onde dormen. están suxeitos todo o día, prohibíndolles toda comunicación exterior e viven nun réxime peor que o dos escravos'.

o maltrato era evidente pero unha cláusula dos contratos, que todos asinaban e que foi desvelada na revista habanera Vida Gallega en 1941, estipulaba: 'eu conformo co salario estipulado, inda que sei e me consta que é moito maior o que gañan os xornaleiros libres da illa de Cuba'.

un médico da compañía chega a explicar así as mortes dos galegos: 'nom teñen temperanza. gustan demasiado da comida e nom atenden ao que se lles di en canto a gardar dieta'.

algunhas publicacións en Cuba da época como El Eco de Galicia denunciaban a situación con titulares como 'Gallegos, no vengáis a América'.

a empresa fracasou e os superviventes deambularon pola illa en estado calamitoso. máis de medio millar morreron aos poucos meses, extenuados pola fame ou o cólera ou as febres tifoides.

o propio representante da compañía en A Habana resumiu en tres palabras os feitos: 'escándalo, espanto, carnizaría'. o novo Capitán Xeral de Cuba, José de la Concha comunicou á metrópole a gravidade 'do asunto dos galegos'. e o escándalo chegou ao Congreso, as testemuñas acumuladas destaparon o sucedido e a operación de 'branquear Cuba' cancelouse.

disólvese a Compañía Patriótica Mercantil e no Congreso dos Deputados Urbano Feixóo debe escoitar as críticas dos membros do seu propio partido. inda así, hai quen o defende timidamente.

iso si, antes de pechar a súa filantrópica compañía, cobrou os 140.000 pesos de subvención concedidos pola Xunta de Fomento.

seis

as Cortes acordan liberar aos traballadores galegos das súas obrigas coa compañía de Feixóo, dándolles 66 pesos e liberdade para regresar a GZ, pero sen dereito a reclamar polos seus sufrimentos.

a pesar do escándalo volveu a ocupar escano posteriormente nas filas de Sagasta durante a Restauración borbónica. a última vez, na lexislatura 1881-1884, en representación do distrito cubano de Matanzas.

finou en Viana do Bolo o 10 de agosto de 1898. descansará en paz?

enlace á reportaxe 'gallegos por esclavos' (La 2)

FONTES:
Urbano Feijóo, negrero y miserable (la pluma del Tocororo)
sabela CORBELLE 'los esclavos gallegos de Cuba' (el progreso)
miguel ángel MARTÍNEZ COELLO 'Urbano Feijoo de Soutomayor: negrero y diputado por OU' (faro de vigo)
eduardo ROLLAND '1854: embarcan en Vigo los esclavos' (la voz de gz)

@xindiriz
xindiriz@gmail.com

visitantes