www.avozdevilalba.blogspot.com |
a algúns
lobbies económicos especializados na
extracción de diferentes recursos naturais, por non dicir saqueo dos mesmos,
non lles importa que o medio rural, o monte galego, camiñe cara un modelo
estruturalmente improdutivo, que sexa incapaz de xerar riqueza sostible e
mantida no tempo, e, sobre todo, que socialmente quede debilitado, xa que
acadar este estado na realidade rural permite, na práctica:
- unha
decadencia de difícil retorno na que os aproveitamentos tradicionais, os
sostibles, ou nos que se produce un reparto e des-concentración da riqueza
xerada,
- o
desánimo e rendición dos seus propietarios (particulares ou comunais),
- a imposibilidade
de poder vivir do aproveitamento dos recursos do monte,
todo
isto leva finalmente ao colapso do rural.
E son varias décadas nas que o monte galego camiña cara o colapso,
desconstruíndose coma un modelo particular de xestión e ordenación do
territorio, con características dunha economía propia dun pobo, que non se
entendería sen o papel xogado polos recursos e aproveitamentos procedentes da
terra, do monte, e das súas formas de propiedade e manexo.
tantos
anos de lumes por todo o país levan á rendición de moita áreas rurais galegas,
que se entregan sen ofrecer xa máis resistencia. Esta idea queda moi ben
representada na anécdota que un día comentaba un presidente dunha comunidade de
montes, moi dinámica e con múltiples actuacións para poñer en valor os seus
recursos endóxenos (forestal, agro-gandeira, de ocio, …); e dicía:
finalmente despois de moitos esforzos
sucumbimos a manter calquera tipo de inversión conscientes que con case toda
probabilidade acabaría ardendo pasto do lume. Así valoramos renunciar a
fortalecer o noso proxecto de sacarlle rendibilidade ao monte dende un enfoque
social e sostible económica e ambientalmente. Asumindo que coma colectivo con
poucos recursos para librar unha batalla practicamente imposible de gañar,
resultaba preferible acordar en asemblea que no lugar de ver como se queimarían
os cartos procedentes dunha corta do piñeiral do monte, a reinvestir en
repoboar, directamente os investiríamos durante as festas da aldea, contratando
a Orquestra Panorama.
a
conclusión era clara, polo menos, a inversión transformaríase nun momento de
ocio e goce, unha convivencia entre os comuneiros, dando por cumprida a función
social que tamén debe ter unha comunidade, preferible a ver como todo o esforzo
e traballo acabaría finalmente ardendo.
(responsabilidade)
cabe
preguntarse se o lume agocha intereses creados para terceiros, e como? É
posible soster a hipótese de que co colapso do monte alguén se poida
beneficiar?
pois,
inda que a moitos poida sorprender, o cóctel entre
-
determinadas políticas de desenvolvemento do rural (por exemplo, plan forestal
do ano 92, vixente ate 2032, as reformas da lei de montes, minería, …),
- máis
as dificultades impostas por unha Xunta que se desentende do rural (eliminación
de experiencias asociativas de comunidades de montes – uxfor, bancos de terras,
… –),
- a
irrupción oportuna de mega-proxectos moi agresivos contra o territorio,
da lugar
á configuración dun escenario propicio do que se poden beneficiar determinados lobbies económicos moi vinculados a
actividades moi dependentes dos recursos procedentes do monte.
a quen
nos referimos? A determinadas elites económicas, capaces de concentrar grandes
capitais, propios (os menos) ou chegados de recursos públicos (os máis; cabe
preguntarse e reflexionar polo paradoiro das multimillonarias axudas da UE para
fomento do rural nestes anos todos),
e como?
Favorecéndose dun panorama negro que propicia vantaxosas condicións de acceso á
cesión de dereitos e aproveitamentos do monte,
- véxanse
os acordos de multinacionais e/ou filiais forestais e pasteiras, que acadan
miles de hectáreas de plantacións, cedidas ou de xestión intervida, a varias
décadas, para o aproveitamento do que eles chaman o ouro verde de Galiza, a
madeira preferentemente de eucalipto, en grandes monocultivos,
- a
dispoñibilidade dos montes para a industria mineira, da que ben vemos agora
asomar as súas gadoupas (novo plan sectorial mineiro de Galiza, Corcoesto, a
Fonsagrada, a Limia, …). A mega industria mineira atopa, nun territorio con
desvantaxes económicas, e co apoio das políticas públicas de quen nos goberna,
un escenario moi barato para adquirir e acceder a intereses e recursos.
- as
eléctricas, eólicas, encoros, minicentrais, que ofrecen prezos pírricos
xustificados no escaso valor produtivo de importantes superficies do monte.
- caza
comercial (véxase a nova reforma da lei de caza que pretende facer grandes
áreas de monte galego en fincas cinexéticas para elites), especulación
inmobiliaria, …
e esta
realidade, que se pode debaer todo o que se queira, se hai ou non
intencionalidade, o que si demostra é un feito incuestionable, que a catástrofe
dos lumes é unha boa aliada para propiciar o esfarelar da economía do rural, xa
que reporta un marco inmellorable de oportunidades para determinados intereses
especulativos, feito que á súa vez é sistematicamente negado desde a Xunta.
unha
Xunta que non quere entrar na análise destas cuestións, e cando as súas
políticas forestais, mineiras, enerxéticas, que reforzan a aposta por consolidar unha industrialización da monte,
controlada, non polos propietarios, senón polos “piratas” da especulación.
queren que dende a sociedade vexamos que o
problema dos lumes responde a outras circunstancias. Isto lembra unha anécdota cando o Prestige, a unha pregunta, pícara, feita
a unha señora moi maior en Touriñán, sobre quen fora a culpa da cousa, non
dubidou en contestar inmediatamente e segura do que dicía: “a culpa, a culpa, de quen ía ser? … do barco!!”
esta
relativización sobre a responsabilidade do problema, feito neste caso desde
unha espontaneidade e inocente simpleza argumental é, sen embargo, empregada
estratexicamente pola Xunta: “a culpa,
de quen vai ser? … dos incendiarios!!”
temos
unha Xunta con responsabilidades na materia, que desvirtúa o problema de fondo
dos incendios, acusando e poñendo só o centro de atención dos incendios na
existencia de delincuentes, os pirómanos, que … ollo!, si existen, pero
infinitamente insuficientes coma para explicar a dimensión deste tan grave
problema.
os datos
son inconmensurablemente desproporcionados para xustificar o problema só nos
incendiarios. O de soster na figura do incendiario o problema dos lumes é
rotundamente falso
(unha análise do problema estrutural dos
lumes)
o lume
ten causas estruturais, e para afrontar a súa loita, explicado dun modo rápido,
debemos atender a combinación no éxito de solucionar a problemática que ofrecen
tres factores ou variables, imaxinade que o expresamos mediante a seguinte
fórmula:
loita
contra o lume = a + b + c
“a” sería o factor ambiental: biomasa vexetal e bioclimatoloxía
fan que a variable “a” sexa máis ou
menos alta. Canto máis alta, máis risco.
a
respecto da biomasa: vai en función da dispoñibilidade de biomasa e os seus
ciclos de crecemento e rexeneración. Isto explica os lumes recorrentes cada
certa serie de anos en moitos montes, aqueles peor xestionados, nos que se
permite acumular tanta biomasa. Aquí é onde entran a debate as políticas
forestais e do monte.
a
respecto do clima: as condicións climatolóxicas, o macro e microclima dun
territorio (temperaturas, réxime de humidade, ventos, …) condicionan tamén o
peso da variable “a”.
preocupan
moito as consecuencias do cambio climático, pois isto incrementará máis o risco
de lumes en zonas bioxeográficas coma Galiza.
a variable
“b”: ten que ver coas políticas na
loita contra o lume, e na maneira na que se deseña a estratexia de prevención e
extinción, e a súa coordinación co resto de políticas forestais e do monte. Se
a variable “a” tende a ser cada vez
máis alta, a importancia da variable “b”
debería aumentarse para contrarrestar o peso da “a”.
canto
máis se destine en prevención máis se reduce o risco do efecto no peso que xoga
“a”; sen embargo, descompensar as
políticas de prevención a favor de incrementar a extinción ademais de resultar
máis caro, é insostible: o que fai é esperar a que chegue o problema para
solucionalo.
e xa
coma última variable, “c”: que
correspondería, agora si, ao factor humano: o incendiario. A Xunta so actúa e sobredimensiona o problema nesta
variable: todo é culpa do incendiario, desatendéndose de corrixir o peso das
outras dúas variables.
(os números e repercusións deste tipo de
catástrofes ambientais)
do que
vai de ano xa superamos os 2600
incendios con máis de 16000 has queimadas. Lamentablemente este ano repetiranse
lumes en moitos dos montes que recorrentemente arden cada seis, sete ou oito
anos.
aí temos
o caso do Pindo (89, 2001, 2005, e 2013) soportando grandes episodios de lumes
que escapan a calquera control, previsión, planificación, preocupación na
xestión a longo tempo, e constatan un fracaso da extinción e dos seus
elevadísimos custes millonarios en euros.
esta
realidade practicamente é reproducible ao resto de lumes que padecemos. Así o
2013 pasará por deixar desolado, ademais do Olimpo do Pindo, montes como os da
Serra da Groba en Oia, o Barbanza, o Larouco, e tamén con casos na comarca de
Deza, destacando os continuados lumes sobre o Candán.
unha
vaga imparable de lumes que asola o país, ano tras ano, con cifras escandalosas
que mostran un problema ambiental e social de escala moi grave.
que
país, e que sociedade, pode soportar unha superficie queimada que en 25 anos
representa o 20% do seu territorio (equivalente a toda a provincia de Ourense)?
desde
que se iniciou o rexistro de lumes (1961) Galiza ten contabilizado máis de 2
millóns de has queimadas, case o 70% do territorio. Unha barbaridade! E o
incremento do número de lumes non ten minguado década tras década, lembrándose
o ano 1989, con case 200000 has, coma triste marca. Desde aquelas máis de 200000
lumes de importancia foron rexistrados.
trátase
dunha situación totalmente insostible que ademais desactiva por completo as
posibilidades de facer un rural economicamente competitivo. Un rural vivo. Case
2000 millóns de euros gastados en 25 anos de extinción, detraídos, por suposto,
de medios que ben se poderían ter tido investidos para dinamizar todo o rural
galego varias veces.
que
tería sido das explotacións agrogandeiras, da súa innovación e fomento da alta
calidade dos seus produtos; do noso sector forestal camiñando cara unha
produción de calidade de madeiras nobres; dos nosos ríos, abastecemento de
auga, e fondos de ría co seu poder marisqueiro; ou do estado da nosa
biodiversidade, dos nosos espazos protexidos e das súas oportunidades tamén para
o desenvolvemento turístico e socioeconómico, lamentando que nos últimos anos
temos incrementado a perda irreversible de hábitats moi singulares e raros, ou
o número de especies en perigo de extinción?
en
definitiva, que tería sido da calidade de vida e das oportunidades de xerar
riqueza no rural da Galiza actual, de non terse detraído tal barbaridade de
fondos para extinguir o lume? Para ser conscientes da cifra, 350 millón de
euros son a previsión de investimento da política agraria comunitaria (PAC) para
Galiza no período 2014-2015.
visto
desde esta perspectiva, mentres que padezamos os lumes, o rural galego será
menos competitivo fronte outros territorios (estatais ou europeos) de vocación
agrogandeira e forestal mentres que padezamos a lacra dos lumes.
desde a
sociedade todos temos que traballar para demandar unha acción política que
recupere as potencialidades que o rural galego pode ofrecer, reprendendo a
aqueles políticos, aqueles partidos cómplices da desconstrución do rural, que
auspician políticas que defenden intereses especulativos de terceiros, e que
permiten que o monte galego afogue.
os
múltiples recursos que o monte ofrece deben ser abordados desde o seu
aproveitamento multifuncional, e ben asentados no enfoque de conciliar a súa
rendabilidade económica, que non só debe ser formulado desde criterios
exclusivos de máxima produción – rendabilidade, para pasar a construírse cun
peso importante, tamén, da función social e ambiental que igualmente nos
proporciona.
a
biodiversidade presente en bosques, matogueiras, nas correntes de auga e
vexetación asociada proporcionan uns beneficios ecosistémicos que á longa
resultan, incluso, máis importantes que a súa substitución por monocultivos
forestais.
os
recursos ecosistémicos propician outros recursos complementarios que non se
deben desbotar, de ocio, como son a súa contribución á calidade paisaxística,
ou coma elementos fundamentais para albergar espazos naturais protexidos,
parques, Rede Natura.
son precisamente
estes espazos protexidos os que deberían de marcar a pauta ou modelo de xestión
exemplar no que buscar despois experiencias a reproducir para o resto do
territorio.
www.lavozdegalicia.es |
pola contra,
contamos cunha das redes de espazos protexidos máis escasa do estado,
incumprindo a Xunta a aplicación das disposicións leais para a súa conveniente
xestión, e desprovistos dos fondos e instrumentos necesarios para garantir o
seu éxito coma modelo de xestión do territorio. Nestas condicións a resposta
desde o rural cara estes espazos é contraria, simplemente pola aprendizaxe na
prohibición de usos aplicados, a negación de alternativas, a falta de
explicación das vantaxes que poderían supor, e que non ven acompañada das medidas
económicas que corresponderían aplicar para darlle sentido a estas figuras de
protección.
reivindiquemos un monte vivo, un rural de
oportunidades para todos, propietarios e sociedade en xeral,
demandemos políticas que fortalezan todas
as vertentes e funcións que o monte ofrece,
acabemos coa especulación e os intereses
creados no rural para beneficio duns poucos,
para poñer fin a décadas de lumes que
desolan o noso territorio, o noso patrimonio, e que tanto nos custa a todos.
martiño nercellas
lalín, a 29 de setembro de 2013