cartasdelaguerracivil.blogspot.com |
miña querida
mamá, meu adorado irmanciño, meu amado papá:
vou
morrer! O que vos pido, sobre todo a ti, mamá, é que sexades valentes. Eu estouno
sendo e quero selo, así como todos os que os pasaron diante de min. Sen dúbida,
me tivera gustado vivir máis. Pero o que desexo de todo corazón é que a miña
morte sirva para algo. Non terei tempo de darlle unha aperta a Jean. Abracei os meus dous irmáns Roger e Rino. Non puiden facelo co verdadeiro,
lamentablemente. Espero que che entreguen toda a miña roupa, porque poderá
servir para Serge; dou por descontado que será feliz de levala algún día. Papá,
sei que, como a mamá, che teño causado bastantes penas e saúdoche por última
vez. Quero que saibas que teño feito todo o posible para seguir o camiño que me
tes marcado.
unha
última despedida a todos os meus amigos, e a meu irmán, ao que quero moito. Que
estude para que se faga un home.
dezasete
anos e medio. A miña vida ten sido curta, non lamento nada, só deixarvos. Vou morrer
con Tintin e Michels. Mamá, pídocho: quero que me prometas que serás valente e
superarás as túas penas.
non podo
escribir máis. Déixovos a todos, a todas. A ti, mamá, a Serge, a papá, apertándovos
con todo o meu corazón de neno. Valor!
o voso
Guy, que vos quere.
P.S. A
quen quedades: sede dignos de nós, dos 27 que imos morrer.
1/esta carta de despedida dun mozo comunista executado polos
nazis en 1941 en Francia foi lida a principio de curso hai anos por orde de
Sarkozy nos institutos galos
2/foi publicada en EL PAÍS
3/tradución ao galego de xindiriz
No hay comentarios:
Publicar un comentario