Incluso moit@s d@s que xa dixeron que
non pensan ir (ou non lles deixan) teñen moi claro que o da incineradora vai
supor unha auténtica desfeita para as nosas vidas e as nosas facendas. Por que
non o din máis claro é cuestión escura que non da tempo de desenfiar; el@s
verán.
O máis que apuntaron neste tempo é
que o lixo existe e que algo hai que facer con el, resignad@s unha vez máis a
aturar outra nos dentes, para el@s e para nos tod@s. Podíaselles ocorrer que é
perfectamente posible investigar e incentivar outros métodos e tecnoloxías. Digan
o que digan, é o camiño sensato, o utilizado en países aos que sempre nos
quixemos parecer; non por envexa ou complexo de inferioridade: viven mellor que
nós, aproveitan mellor a vida que se nos dou a tod@s, que diso se trata sempre.
As tres Rs (redución – reutilización
– reciclaxe) non nos levan á calella sen sentido que supón SOGAMA, un exemplo
desastroso de planificación e xestión que nin a Xunta de Galicia é capaz de
negar. Para que nos vai servir unha SOGAMA-2? Afondar no erro é humano pero non
imprescindible. E @s galeg@s podemos evitar volver a equivocarnos, sempre
podemos. Dende a Plataforma INCINERADORA NO DEZA NON levamos xa meses aportando
as nosas conviccións e os nosos esforzos nese camiño.
Tamén coñezo a un tal Jameson, un
americano raro, quizás curmán do do whisky. Resulta curioso oílos falar cando
se atopan: un dálle que dálle de mundos utópicos que derivan do desexo de
cambiar este no que viven, de debuxar mapas que nos permitan coñecer o que
vivimos non vaia ser que nos enganen. E o outro xa podedes imaxinar. O tipo vende
whisky.
Pero a cuestión está, para min, moi
clara. Teño oportunidade de expresarme. Dicir claramente, como se debe, o que
penso. Eu vou ir. E se chove e vai frío, na casa turraremos de paraugas e de
chapeu e veña. O domingo non vou ser d@s que se atopan nas esqueiras, d@s que
non se sabe se soben ou baixan. Amañeza como amañeza eu e @s m@s estaremos alí.