imaxe de dominio público WIKIPEDIA |
1921.1927: estudante no instituto de Lugo. coñece a Ánxel Fole e, por Pimentel, accede á biblioteca de Correa Calderón. le centos de libros das materias máis dispares. 'aos quince anos eu era republicán, ateo galeguista' (X.F. Armesto, Cunqueiro, unha biografía).
1927.1931: vive na rúa de Ensinanza, en Compostela, onde estuda Filosofía e Letras. nunha libraría de Coímbra dá cun libro sobre demos e bruxas, 'inventeime un autor, datas, datos e un mar de cousas máis. e os críticos saudaron alborozados o nacemento dun novo investigador'.
1931.1936: tras a proclamación da II República e a fundación do Partido Galeguista, do que se fai membro, Fole invítao a participar nun mitin en Ribadeo. coñece e frecuenta ao editor Ánxel Casal. chega a el por Pimentel, quen lle ensina o primeiro exemplar de Nós que le. en 1932 publica mar ao norde (Compostela, Editorial Nós). en 1933, poemas do si e non. o mesmo, en Resol, cantiga nova que se chama riveira.
1936.1947: asasinados Díaz Baliño, Bóveda ou Casal, escribe ao amigo Armesto o 24 de xullo: 'ben en serio probe Hespaña! e probes de nós tamén!' (extractado de Álvaro Cunqueiro criticó inicialmente el alzamiento militar, publicado en La Voz de Galicia por Carlos Fernández). vive entre Ortigueira, Vigo, Donosti e Madrid, onde se incorpora á redacción de ABC o 29 de marzo de 1939. en 1940 publica elegías y canciones (Azor, Barcelona) e casa, en Mondoñedo, con Elvira González-Seco. un ano despois nace o seu fillo César Cunqueiro. no centenario da morte de Hölderlin, en 1943, dase de baixa na Falange y de las JONS. un ano despois nace o seu fillo Álvaro e o pai é suspendido como xornalista. en 1945 comeza a publicar na revista Catolicismo.
1947.1960: de volta en Mondoñedo. en 1955 publica, por decisiva intervención de Del Riego, Merlín e familia. en catro anos, sempre en Galaxia, saen as crónicas do Sochantre, o incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca e escola de menciñeiros e fábula de varia xente.
1961.1965: establécese en Vigo e ingresa na RAG. é nomeado director do Faro de Vigo, 'o meu propósito máximo era galeguiza-lo periódico, cousa nada doada naquel momento'.
1969: publica la cocina cristiana de Occidente e gaña o XXV Premio Nadal de novela con un hombre que se parecía a Orestes.
1971.1979: publica, entroutros, xente de aquí e acolá, vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca e os outros feirantes.
1981: tras apoiar o referendo polo Estatuto e a Realidade Galega de Ramón Piñeiro, morre en Vigo e danlle enterro, o 1 de marzo, en Mondoñedo. Galaxia publica o primeiro volume das súas obras completas. un hombre que se parecía a Orestes, sae nunha editorial checa.
Ó.I. - NOTAS
BIOGRÁFICAS PUBLICADAS no caderno 'Luces' en elpaís
ENLACES:
QUICO CADAVAL, 'a arte
da fuga'
MARÍA DO CEBREIRO, 'mapa e
melancolía'
IAGO MARTÍNEZ, 'a
derrota de Sinbad'
ARMANDO REQUEIXO, 'Cunqueiro, mindoniense
irrefutable'
MANUEL RIVAS, 'o xornalismo
que solta segredos'
DANIEL SALGADO, 'Cunqueiro para
ben e para mal'
DANIEL SALGADO, 'o poeta que era
un segredo'
SUSO DE TORO, 'Cunqueiro e sen
compromiso'
No hay comentarios:
Publicar un comentario