compañeiras
e compañeiros, familiares, nenas e nenos
grazas
por permitir que me entrometa un momentiño neste acto
nesta
altura da miña vida,
nesta
altura da miña vida profesional como 'teacher'
creo
que hai moi poucas cousas importantes, esenciais
e
as palabras que as expresan deben ser o máis sinxelas posíbel
e ademais
esas cousas con esas palabras sinxelas hai que dicilas a tempo, antes de que
poida ser tarde
queridos
alumnos, queridas alumnas
sabía
que hoxe iades estar moi guapas e guapos eu nom sabía moi ben como estar á
altura
nom
sabía moi ben que palabras traer hoxe postas pero
lánzome
ao abismo e atrévome a dicir que se vos quere,
atrévome
a dicir que vos quero
váisevos
añorar, lembraremos moitas cousas
como
protestastes, como chorastes de rabia, como era a vosa risa,
como
nos fixestes enfadar, o que patalexástedes, a vosa pillaría,
tantas
cousas
xa
me coñecedes e nom vou dicir hoxe que todo foi perfecto nin é perfecto
pero
quéresevos, eu quérovos, nom teñades dúbida ningunha
quéresevos
de xeito lingüístico e literario,
quéresevos
como se quere nesta terra e no estranxeiro,
de
xeito histórico e xeográfico, filosófico e psicolóxico,
tecnolóxico
e matemático, químico e físico, latino e grego, económico e biolóxico, de todos
os xeitos que vos podemos e sabemos querer
eu,
claro, quérovos tamén de xeito inglés
i love you in the english way, whatever the
fuck that is
quérovos
porque
inda
que o trate de disimular ou vos berrase, e moito a algúns,
fostes
este ano, inda sodes, queirades ou nom, os meus nenos e as miñas nenas,
sería
un horror compartir tanto tempo xuntas e xuntos e nom chegar a esta altura sen ter
algo de vós, sen cambiarnos un áttimo,
como din os italianos, uns aos outros,
sería
un horror tanto tempo xuntas e xuntas sen necesitarnos algo, sen querernos
volver ver, inda que só sexa un chisquiño,
quéresevos,
quérovos e espero que iso vos sirva de algo cando vaiades por aí adiante, ao
mundo, a tratar de conquistalo, a facer o voso proxecto de vida, a loitar por
ser o que queredes ser
porque
iso é o esencial, debedes ir descubrindo o voso camiño e loitar por percorrelo
e
espero que ese camiño nacera, un pouco, aquí, dentro destas paredes
escribiu
Manolo Rivas en O lapis do carpinteiro que
'a peor enfermidade que se pode contraer é a supresión da ánima'
hoxe
espero que esteamos celebrando que lograramos entre todas e todos sentar as
bases para que a vosa ánima floreza
e
para acabar, vou volver ao principio
quéresevos,
quérovos, como nom o vou facer?
e
o de hoxe nom é adeus, será ata logo
algúns
e algunhas quedamos aquí coidando do centeo que ven detrás
pero
se nos precisades xa sabedes onde quedamos
un
bico para todos e cada un e unha de vós e grazas
discurso de graduación 2º bac, promoción 2017/18
@xindiriz