7.3.15

'non hai portas abertas e véxome desesperada'

José Crespo visitando as instalacións de Montoto
www.farodevigo.es
‘vivo diante dun instituto e miras pola ventá e ves a xente que vai a clase ou a ensinar e pensas: 'e eu que fago’. O meu problema non é aprender. Estou cobrando o paro, podería aprender, preparar unhas oposicións pero agora non convocan nada. Non hai solución, non hai maneira’. … pronuncia estas palabras a punto de cumprir 45 anos e consciente de que no mercado laboral hai pouca oferta, e a que hai lévaa a xente máis nova e con máis formación. ‘È lóxico que collan a esa xente. Pero para min non hai portas abertas e eu véxome desesperada. Veste mal. Eu dino todo por esa empresa,’ di. A empresa é, ou era, Montoto, a fábrica de téxtil de punto con sé en Lalín que asinou un dos primeiros expedientes de regulación de emprego (ERE) da crise.

a fábrica de téxtil Montoto despediu en tres ERE os seus 240 empregados.

con máis de 20 millóns de débeda e un concurso de acredores en marcha, Montoto someteuse a finais de 2009 a un plan de viabilidade cuxo primeiro paso supuña despedir a 111 traballadores nun ERE. Antes, en febreiro, 195 empregados xa se enfrontaran a un ERE rotatorio de dous meses. Nese tempo, … aprendeu a mecanografar. Ela di que nunca perdeu as gañas de aprender: ‘saquei a ESO cando traballaba e moitas compañeiras que antes se rían de min, agora tamén están a estudar’.

… deixou a escola para traballar en Montoto e dedicoulle á empresa toda a súa vida laboral, 27 anos, dous deles calcetando en casa, mentres os nenos inda eran cativos. Agora, bota de menos a formación. A que non puido ter entón e a que non lle ofrecen desde o servizo de emprego. ‘Chamáronme para unha entrevista de orientación. Aténdente ben, dinche que tes que poñer o teu currículum nas empresas de traballo en Internet, pero eu non o domino moito’. Agora espera que a chamen para ‘cando menos’ facer un curso, ‘que polo menos estás ocupada’. … non aguanta en casa, sen nada que facer. E iso, admite, que tivo sorte. Quedou sen emprego no segundo ERE, hai xusto un ano, xunto a outras 100 compañeiras, e conseguiu outro traballo, ‘por amizade’, durante sete meses. De dependenta a tempo completo estivo dous meses nunha tenda e despois outros cinco a media xornada. ‘A xente dáseme ben. Estaba supercontenta por primeira vez’, di. Pero ese emprego rematou e … enviou centros de currículos a todas partes, sen criba. ‘Pero neste pobo todo está morto. Un país que retrocede tanto é unha mágoa’.

un terceiro ERE liquidou o pouco que quedaba da nómina de traballadores en febreiro deste ano e, uns meses despois, TEXROCAS mercaba a empresa. De nada valeron as inxeccións económicas de Industria ou os rumores de que Florentino ía adquirir a factoría. ‘Falaban moito, pero se estabas dentro víalo claro. Xa non había cartos para mercar fío e sen el, non coses’.

NOTAS:

1/ ‘no hay puertas abiertas y me veo desesperada’ – texto orixinal escrito por MARÍA PAMPÍN e publicado en ‘elpais’ o 2 de xaneiro de 2012

2/ omito o nome da protagonista desta historia por prudencia inda que falei directamente con ela para poder facer uso desta información e conto coa súa autorización

3/ traduzo o texto orixinal ao galego. Igual que moitas veces se fai ao revés. O absurdo da historia é que probablemente as declaracións orixinais se fixesen en galego

4/ esta historia acabou ben. Esta persoa atopou emprego. Pero moitas outras traballadoras do textil en Lalín de toda a vida inda non o fixeron. E temos o deber de axudalas. Están en paro e sen subsidio ou a punto de rematalo

5/ a foto está tirada dun artigo apareciido na edición local de faro de vigo co seguinte titular 'Montoto estima que en dos años estará a pleno rendimiento pese a su deuda de 20 millones'. Este artigo que menciono apareceu agora hai xusto seis anos

visitantes