3.3.14

ilp valentín paz andrade

welcometogalicia.blogspot.com
exposición de motivos

no actual mundo globalizado, os organismos galegos, comprometidos co aproveitamento das potencialidades da Galiza, deben valorizar o galego como unha lingua con utilidade internacional, algo que indicara en seu devido tempo o autor a que é dedicado o Dia das Letras 2012, que chegou a exercer como vicepresidente da Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa.

o portugués, nacido na vella Gallaecia, é idioma de traballo de vinte organizacións internacionais, incluída a UE, así como lingua oficial de nove países e do territorio de Macau, na China. Entre eles figuran potencias económicas como o Brasil e outras economías emerxentes. É aínda a lingua mais falada no conxunto do Hemisferio Sul.

é preciso que as nosas empresas e organismos públicos aproveiten a nosa vantaxe lingüística, un valor que evidencia a importancia mundial da Lingua e o crecente papel de bloques como a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa.

a nosa lingua outorga unha valiosa vantaxe competitiva à cidadanía galega en todas as vertentes, nomeadamente a económica, desde que dispoñamos dos elementos formativos e comunicativos para nos desenvolver con naturalidade no seu modelo internacional.

por tanto, para a mellora do desenvolvemento social, económico e cultural galego, as autoridades deben promover cantas medidas foren necesarias para mellor valorizar esta vantaxe, especialmente en momentos de crise.

título único

artigo 1. O Goberno galego incorporará progresivamente, no prazo de catro anos, a aprendizaxe da lingua portuguesa en todos os niveis de ensino regrado. O dominio do portugués terá especial recoñecemento para o aceso à función pública e concursos de méritos.

artigo 2. O relacionamento a todos os niveis con os países de lingua oficial portuguesa constituirá un obxetivo estratéxico do Goberno galego. De maneira especial fomentar-se-a participación das institucións en foros lusófonos de todo o tipo —económico, cultural, ambiental, deportivo, etc.—, ben como a organización na Comunidade Autónoma Galega de eventos con presenza de entidades e persoas de territorios que teñan o portugués como lingua oficial.

artigo 3. Para un mellor cumprimento dos fins dos artigos anteriores, e conforme a Carta Europea das Linguas e a Directiva 89/552/CEE, o Goberno galego tomará cantas medidas foren necesarias para lograr a recepción aberta en territorio galego das televisións e radios portuguesas mediante Televisión Dixital Terrestre.

disposición final

a presente Lei debe entrar en vigor no día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

texto íntegro da ILP

visitantes