por un motivo ou outro, estamos aquí hoxe, pedindo acción aos gobernos que
actúen contra a catástrofe que se precibe desde os anos 80. estamos aquí,
protestando porque sabemos que de seguir así, nom nos falta demasiado para a
crise climática.
preguntámonos o porque os nosos líderes nom actúan, por que nom se moven
cando estamos cerca da apocalipse, o porque nom fan nada mentres ‘a nosa casa
está ardendo’. Creo que todos en certo punto están preocupados polo cambio
climático e todos pedimos acción dos poderes maiores en certa medida.
sen embargo, cremos que é a hora de deixar de esixir acción, é a hora de
que nós sexamos os que pasemos á acción. os nosos representantes, aínda que nom
o parece, están actuando, abondo?, nom, pero están actuando. o actual goberno
europeo, por por un exemplo, quere eliminar os plásticos dun só uso para o
2021, medida que nom faría falta se de verdade intentásemos ser ecoloxistas e
parásemos de consumir plástico de forma excesiva.
é o momento de deixar de culpar aos que mandan e producen e ser nós tamén os
que leven a cabo as accións ‘verdes’ que pedimos, pedir que os gobernos actúen
é inútil se nós nom poñemos da nosa parte. podemos evitar a traxedia se cada un
toma as accións convenientes. unha persoa soa non pode cambiar o mundo, temos
que ser todos os que causen a reversión do cambio climático.
que loiten os gobernos coas medidas que poidan pero que nós sexamos o motor
do movemento ecoloxista, que nom sexa un activista, dous ou tres os que fagan o
traballo, o cambio climático é un problema de todos, e a solución ten que vir
de todos.
nom nos custa nada apagar as luces, consumir menos plástico e produtos que
non se poden aproveitar despois. de maiores nós traeremos o cambio no goberno
se aínda nom se fixo, pero nom podemos esperar. hoxe traemos o cambio na rúa,
nas casas e nos parques. é o momento de deixar de esperar a que se pechen as
petroleiras, é a hora de que mentres nom se pechen, deixemos de usar o plástico
que elas producen a partir do petróleo.
pidamos acción desde arriba mentres nós a realizamos pola nosa conta desde
abaixo.
texto escrito e lido por Lucas Senande López en representación dos seus compañeirxs
IES Laxeiro, 27 de setembro do 2019
adaptado ás convencións deste blogue por @xindiriz