commons.wikipedia.org |
non acepto os límites
que non son límites
… que o meu equipo renuncie
a gañar a liga e se conforme con derrotar @s outr@s derrotad@s, como o fai o
fracasado
acepto o que quero
ser: forte, feo e formal, como “Loquiño”, que no me gusta “nada”
… que outr@ sexa mellor e
admirar, se me gusta e vai nun barco semellante, o que vexo mentres se perde na
distancia da súa vitoria
… amar e ser amado
… o meu lugar, aquel que me
indiquen @s compañeir@s de loita
prometo loitar con el@s,
para non respectar certas xerarquías certas
… desvelar a natureza
política da natureza
… honrar a miña nai e a meu
pai, que fundaron unha dinastía, el@s tamén, tan digna coma as que están nos
libros de historia, e as que queren entrar, de muiñeiros e doutores, que masculinas!
… defender as causas que reflexione xustas, inda que sexa en compaña de estran@s, oportunistas, idiotas ou
fracasad@s
… ir ás casas alleas se @s s@s
habitantes defenden esas causas; inda que non me traten ben, como xa ten acontecido
… non contribuír a derruír casas fermosas
… non derrubar esas casas, inda que xa estean abandonadas
… non matar os meus fillos,
nin @s m@s alumn@s: quero que medren ata o ceo e me superen en todo,
absolutamente
… ser de onde son podendo
ser de calquera outro lugar, igualmente
… odiar o privado e promover
o público
… non causar baixas
inocentes inda que estea seguro que os meus tiros liquidarían o tipo máis
culpable do orbe
… non lixar nunca a
inocencia d@s inocentes, só procurar que a superen sen traumas deformantes
… desprestixiar a Deus tal e
como se coñece(n) e liberar @s human@s que o desexen
non acepto que
queiras estragar a miña labor colexiada polo rancor que che cría o teu fracaso
prometo ensinarlles
as estrelas mentres ela me mira
… revisar esta promesa cada
día
… ser un suxeito e non
tratarte como un obxecto
… non falarche claro para
que espabiles, que che fai falta
… non facer co meu odio o
que fai el, o meu veciño
… baixar a garda se me
prometes que me queres
… non ser agradable todos os
días, porque non podo
… que @s que me queren
saiban e sintan que @s quero todos os días que me deixe o ruído
… que non vou mudar
detective
… que se soño ser detective
voulle axudar á pasma a cachar ao delincuente máis grande, non coma un veciño
meu que pensa que xa fixo abondo con entrullar
o traficante de menudillo, hipócrita
e falso (non o traficante, hipócrita el)
… xogar coas regras (e trampulleiro,
por suposto)
… volver durmir en Cusanca e
ser veciño da Cacharela, da que fun desterrado
… non choromicar se perdo
… non saber do que falo e
seguir aprendendo do que quero falar
… tentar non morrer nunca
… procurar a miña propia
eutanasia cando o meu corpo non me deixe ser eu
… podrecer cando estea morto
como fixeron @s que quixen e xa non están, e como @s outr@s, que non me
importan nada
… honrar @s m@s mort@s da casa de miña nai e a do meu pai, e o
seu legado, inda que sexa segredo
… non esquecerme de ti