en mala hora decidín erguer cedo e ir nadar un chisco
antes de almorzar. conforme me aproximaba á piscina nova pensaba … oe, parécese
ao Arena, como se fora deseñada para ser parte dun único complexo. e iso que a
piscina é agora pública e polo Arena xa pagamos ben á concesionaria. cousa rara
… será que van “nacionalizar” o Arena?
metinme no vestiario coma un VIP, nada de espera, inda non puxeron torno. estaba axustando ben o
bañadorciño e … entra unha, tola perdida e sen pudor, preguntando se había
enchufe no dos homes que no das mulleres non había e a ver como seca o pelo agora
para non pillar unha pulmonía na longa andaina de volta … decátase que non son
formas e marcha como e por onde chegou: de súpeto e pola porta …
estas tías, como son … di o espontáneo habitual … que
sorte sermos de lalín ... segue con entusiasmo … crise por todos lados e nós,
pola contra, estreamos piscina nova
pois si, que sorte ser de lalín … e mentres me metía na
auga manobrando torpemente por culpa da lesión no xemelgo pensaba … o noso
alcalde debe ser un disidente porque Rajoy, o seu presidente e o meu, ten dito
que temos vivido por riba das nosas posibilidades por culpa da esquerda “manirrota”
e agora estamos como estamos e que toca aforrar e non gastar o que non se ten …
chego por fin á outra punta do vaso e alguén (malditas gafas
… sempre se me abafan) quéixase de que non hai as referencias que había na
vella e que por iso acaba de levar un castañazo
nadando de costas. colleu carreira e segue … que súa nai, maior, está que trina
porque na nova non da subido nin baixado porque non deixaron esqueiras (???) … e segue, xa noutro ton … uffffffff, que ben se
está sen @s nen@s … se @s trouxera tería que ter tino continuo porque resulta
que o vaso infantil é fondo de máis e non se lles pode deixar so@s pero non é
tan fondo o fondo porque así afórrase auga e combustible, non porque o terreo
onde se construíu se “vaia” coma cando estaba alí a Feira Vella, que non … isto
non o deseñaron tip@s que aprobaron raspado ou é así por “xestións” de despacho
… en lalín city cousa pensada e
planificada
imaxinade o esgotado que chego á cafetería, pola andaina de
volta e polo mal “rollo” acumulado … e co xornal inda por diante. nada máis sentar
asáltame outr@ e remátame: oe, que che parece a piscina nova?, e sen deixarme
falar xa di que está cabread@ porque @ fill@ está cabread@ porque @ monitor@
lle dixo que a instalación non se vai poder homologar para competicións e a ver
para que está adestrando e que se é certo como imos facer … competir, competir
… pero para que queres que o teu fillo compita? incúlcalle valores “sans”: o
importante é participar, non competir
se marchara para casa pasar o ferro … pero non … vexo no
xornal unhas fotos estupendas que monumentalizaban a burbulla inmobiliaria, a
tolemia que atrapou a economía e as elites políticas do estado dende os inicios
dos gobernos Aznar alá pola década dos 90
e pasou … noto que parte de min xa rumia tamén contra a
piscina nova … loitando coa parte do si home, quéixanse de vicio, de envexa,
non sei de que se queixan …
era necesaria unha piscina nova? duran tan pouco as doutros
lugares como durou a nosa? foi a maquinaria e o seu “absoluto” deterioro causa
fundamental para ter que facer outra, sería que @ concesionari@ non a coidou
ben?, vixiou o Concello?, foi culpa da xestión do propio Concello dende que a
“nacionalizou”?, que pague o da culpa por favor, non eu … estou algo “apretado”
a ver, logo de reflexionar, que vos parece isto? … volvamos
á piscina vella e fagámola nova e poñamos a biblioteca onde está a nova, que
agora pasará a ser a vella. xenial, non si?
paro … pero tédesme que crer, por favor. foi así. non
esaxero nada. non é o meu