era avaricioso e non quería que os cativos sufrirán máis do debido. cotizarían máis nos mercados. a construción da mota avanzaba máis lento do que podería pero el non tiña a autoridade e limitábase a facer o que lle dicían mentres deixaba que os seus pensamentos o distraeran do tedio do campamento. no medio do rebumbio fixouse nos cetreiros. semellaban en algo ao que el facía, pero había máis que non se podía encerrar nos días daqueles homes. xa non.
que buscas?, a quen buscas?, iso era o que medraba dentro cada vez con máis forza. dentro de quen se oufanara de matar sen sentir.
sabía que en pouco chegarían a invernía e as mandas de lobos. e estaría sen forzas.
se quería ter tempo para descifrar aquelas imaxes que lle bulían na cabeza e acougar máis lle valía coller os esenciais e botarse aos camiños que ían cara o sur. Áxila sentía que era hora de volver.
[…]
tiña perdido a conta dos días que levaban no camiño sen ver a ninguén. o grupo reducírase. Áxila sempre ía diante e os demais esforzábanse por seguilo. era enorme e había sitios onde as árbores querían tragar o camiño e el, ofendido e enfurecido, abría paso coa súa hacha. sen miralos, como se só fora cousa súa.
paraban para comer ou roubar a comida; ou se presentía perigo e organizaba a defensa ante os agresores que inda non se vían.
polas noites, sen decatarse, e cando o vello rachimborgo xa estaba contando outra das súas historias, durmíase esgotado, sen saber se Áxila conseguira por fin descansar. pero sospeitaba que non.
igual soñara un desexo pero cría ter visto bágoas naquela cara inexpresiva. cada vez que soaba na noite escura como traizoaran ao castelán da fortaleza onde os tres ríos. aguilloárano coas lanzas, xa indefenso, ata matalo. e tiraran o corpo na corrente.
de tantos rapaces que había no campamento pedírao a el. non sabía porque; nin sequera o trataba ben. só ás veces se decataba que o miraba fixamente aparentando mirar outra cousa; un monte próximo, a silueta dunha ave no ceo.
o seu pesadelo era espertar un día e non ver as costas daquela figura envolta en gris, sempre cabalgando en cabeza. iso e o medo.
21.6.11
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
arkivos
-
►
2014
(37)
- ► septiembre (2)
-
►
2012
(13)
- ► septiembre (2)